logotipo INFORMACIÓN
986 732 205
607 645 687
ESP | GAL | ENG  
hoxe
chance_of_storm
14°/5°
mañá
chance_of_rain
15°/8°
 
  Mares do Grove
foto1
  Mares do Grove
foto2
  Mares do Grove
foto3
  Mares do Grove
foto4
  Mares do Grove
foto5
  Mares do Grove
foto6
  Mares do Grove
foto7
  Mares do Grove
foto8
  Mares do Grove
foto9
  Mares do Grove
foto10
  Mares do Grove
foto11
flecha Izquierda
pausa
flecha derecha
1234567891011
 

Ruta das illas e das aves

O noso barco, Neptuno Sub e a «Ruta das illas e das aves» achégache a zonas do complexo intermareal Umia–O Grove como son as bateas, as lagoas, zonas de avistamento de aves.. ademais poderás contemplar en todo momento o fondo mariño e gozar dunha degustación de produtos da zona.
¡Benvindo a bordo do Neptuno Sub!
 A illa da Toxa

A Toxa é famosa polas súas augas medicinais e o seu magnífico balneario. Unida a O Grove por unha preciosa ponte de principios de século e ubicada na enseada do Grove, a Illa da Toxa conta cunha importante infraestrutura hoteleira, casino de xogo, os seus campos de golf, piscinas, etc... e un entorno paradisíaco que a fan única na xeografía galega.
 Lagoas

É unha das zonas de espazo natural profundamente modificada polo home. A natureza arxilosa do seu chan é motivo de aproveitamento deste mineral desde fai moitos anos para fabricación de tellas e ladrillos. Hoxe en día, os antigos pozos de extracción atópanse transformados en interesantes lagoas cheas de vida. Patos, "demos negros", somorgullos e polas de río, ademais de distintas especies de paxaros, habitan estes lugares resgardados pola vexetación palustre.
 Mazaricos

Inconfundible polo seu longo e curvado pico, o mazarico real (Numenius arquata) é, entre as limícolas que visitan a Enseada Umia - O Grove, a de maior tamaño.

No inverno podemos atopar máis de douscentos individuos. Nos pasos de primavera e outono tamén se observa o mazarico trinador.
 Alavancos

O Alavanco real (Anas platyrhynchos) é o pato máis
común de Europa. Neste espazo natural é sedentario e cría nas lagoas, zonas encharcadas e xunqueiras. A esta poboación autóctona súmanse un bo número de ivernates que fan do complexo intermareal un dos seus hábitats máis importantes de Galicia.

 Bateas

As augas da Ría de Arousa lideran o ranking mundial de contido en plancto (conxunto de animais e prantas microscópicos), que alimenta a coñecidos e saborosos mariscos.
A economía local xira arredor da gastronomía. Preto de 3.000 bateas adicadas ao cultivo de mexillón e ostra, unha produción anual de 270.000 t de mexillón (Galicia é o 2º produtor mundial, tan só tras China), unha lexión de mariscadores a pé e a flote, e unha gran flota de barcos de baixura... fan da Ría de Arousa unha rexión fortemente marcada pola pesca e o marisqueo, deixando tamén a súa pegada nas tradicións e cultura locais.
 O Grove

A comarca está habitada desde a Prehistoria. Diversos restos de castros e petroglifos acreditan a existencia de poboación humana desde etapas prehistóricas.
O Salnés é rico en restos arqueolóxicos e patrimoniais de diversas épocas: construcións dos séculos VI e V antes da nosa era, necrópole (como a de Adro Vello), materiais cerámicos dos séculos I e II, torres para a defensa contra os viquingos (Torres da Lanzada e de San Sadurniño, século X), e gran cantidade de igrexas, capelas e ermidas de distintas épocas e estilos.
Os antepasados non nos legaron tan só construcións, senón tamén crenzas e lendas, como por exemplo o coñecido rito precristián das nove ondas da Lanzada en busca da fertilidade feminina.


 
separador
Ardia 72, 36980 O Grove (Pontevedra) | Tel.: 986 732 205 | Móbil: 607 645 687 | Fax: 986 733 752 | neptuno@crucerosmaresdogrove.com AVISO LEGAL